CRTVG

Buscar

Renato Tapia comeza a tocar balón e ve ao equipo nun proceso de mellora

Publicado o 23/10/2021 13:06

Comeza unha semana con tres xornadas, pero o Celta será o último en estreala. O luns visita ao cabeiro, o Xetafe, nun deses partidos trampa, como alerta Renato Tapia. En pleno proceso de recuperación, o peruano ve unha mellora do xogo dos seus compañeiros, máis aló dos malos resultados.

Co ruxe-ruxe sobre o rendemento de Aspas nos foros futbolísticos, a mellor nova para o celtismo é que Renato Tapia xa comezou a tocar balón nalgún adestramento.

Desde a perspectiva que da a bancada, o peruano ve o equipo en fase de progreso.

Canto o rival do luns, Tapia apela a melloría celeste e aos números da clasificación.

Será o sgundo partido para Quique no banquiño xetafense.

Noticias web

23/10/2021