Renato Tapia: "A verdade é que hai moita incerteza"
Desde a concentración co Perú admite que non sabe se Coudet vai ser o seu próximo adestrador no Celta
O Celta segue sen adestrador e os xogadores viven a situación con inquietude. Polo menos os internacionais que marcharon coas súas seleccións. Renato Tapia, co Perú, admite que non sabe se chega ou non Eduardo Coudet.
Renato Tapia: "A verdade é que hai moita incerteza"
Tapia pediu o cambio no segundo tempo contra o Elxe, pero as súas molestias físicas, que viñan do anterior partido, non resultaron tan importantes como para quedar en Vigo.
Renato Tapia: "Levei un golpe contra a Real Sociedade e xogando o venres estaba moi cargado. Preferín que saíse outro compañeiro. Só foi por precaución e o certo é que estou moi ben".
Renato Tapia era un fixo no once de Óscar García. Foi o acerto da dirección deportiva no malogrado mercado para esta temporada e seguramente será unha peza fundamental no esquema do próximo adestrador.