CRTVG

Buscar

Remonta espectacular do Burela para gañar o título de liga

Publicado o 13/06/2021 19:03

Perdía por 2-0 no descanso e acabou gañando por 2-5 con tres goles de Ale de Paz

O Burela Pescados Rubén demostrou ser o mellor equipo do mundo e acadou o triunfo na final da liga de fútbol sala feminino. Remontou na segunda metade diante do Futsi e conseguiu o triplete (Liga, Copa e Supercopa). 

Ao descanso perdía por 2-0 (goles de Ju Delgado e Ari), pero na segunda metade só houbo un equipo sobre a pista. Da man dunha sensación Ale de Paz que conseguiu unha tripla goleadora remontaron ata marcar o 2-5 definitivo no último segundo. 

Noticias web

13/06/2021