CRTVG

Buscar

Remonta e triunfo do compostelán Santi Tarrío na European Challenge Tour

Publicado o 07/06/2021 15:40

Primeiro triunfo do golfista compostelán na European Challenge Tour. A división de prata do golf mundial na que Santi Tarrío leva dous anos.

Nesta cita da República Checa a remonta de Tarrío foi espectacular. Chegou á xornada do domingo con dificultades, pero encadeou sete birdis e un eagle que lle permitiron disputar o desempate final co francés Brun e o danés Jonansen.

E aí emerxeu todo o seu potencial para gañar.

"Oxalá poñamos outra vez a bandeira de Galicia no máis alto", confiaba o golfista santiagués.

Noticias web

07/06/2021