CRTVG

Buscar

Remontada e primeira vitoria do Lugo (3-2)

Publicado o 13/09/2021 22:47

Os goles de Manu Barreiro e Cuéllar nos últimos dez minutos permítenlle ao equipo lucense conseguir o triunfo ante o Huesca

Logo dunha primeira media hora en que o Lugo o fixo todo ben, cun temperán gol de Gerard Valentín incluído, parecía incrible ver como se chegaba ao descanso por debaixo no marcador. Manu Barreiro en propia porta e o ex do conxunto albivermello Escriche marcaban en menos de cinco minutos dous goles para o Huesca. 

O segundo tempo parecía durmido ata que o Lugo foi con todo polo empate. Chegou no 83, co gol de Manu Barreiro. E tres minutos máis tarde Cuéllar, logo dunha revisión do VAR, poñía o definitivo 3-2.