CRTVG

Buscar

Remata sen acordo a última reunión para negociar o ERE en Alcoa

Publicado o 05/08/2020 10:39

• A empresa non cede en manter as cubas e paralizar os despedimentos para facilitar a venda

Decepción entre os traballadores de Alcoa. Remata sen acordo a última reunión dentro do prazo marcado pola empresa para negociar o ERE. O encontro, que comezaba onte ás dez da mañá, rematou hai apenas unhas horas, xa ben avanzada a madrugada. Case vinte horas maratonianas.

A primeira hora da noite, a empresa lanzaba unha última oferta, que tampouco aceptou o comité porque Alcoa cedeu en cousas, si, pero non na principal: manter as cubas e paralizar os despedimentos para facilitar a venda.