CRTVG

Buscar

Remata o relatorio da Comisión de Reactivación do Parlamento de Galicia

Publicado o 15/06/2021 19:16
Remata o relatorio da Comisión de Reactivación do Parlamento de Galicia

No Parlamento rematou o traballo en relatorio da comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia.

Os tres grupos parlamentarios xa presentaron as súas propostas de ditame para distribuír os 115 millóns de euros do fondo de reactivación. Agora toca negociar esas propostas e acadar o maior consenso posible antes da aprobación definitiva do ditame no pleno do 13 de xullo.

Pola comisión de reactivación pasaron 50 comparecentes e analizáronse 155 informes de diversas entidades.

Noticias web

15/06/2021