Remata o prazo para que os partidos galegos pesenten as candidaturas para o 5-A
Publicado o 02/03/2020 19:30

Ás doce da noite remata o prazo para que os partidos galegos presenten as candidaturas para as eleccións do 5 de abril. E dentro xusto dunha semana, o día 9, será a proclamación definitiva dos aspirantes.
Alberto Núñez Feijóo, polo PP; Gonzalo Caballero, polo PSdeG; Ana Pontón, polo Bloque Nacionalista Galego; Antón Gómez-Reino, pola coalición Galicia en Común-Anova-Mareas, e Beatriz Pino, por Ciudadanos, son os candidatos para presidir a Xunta de Galicia. Vox tamén anunciou que presentará listas, pero non un candidato para San Caetano.