CRTVG

Buscar

Xaneiro de 2020 foi o máis caloroso dende que hai rexistros

Publicado o 05/02/2020 20:24
Xaneiro de 2020 foi o máis caloroso dende que hai rexistros

O mes de xaneiro que acabamos de rematar foi o máis caloroso a nivel mundial desde que hai rexistrosSegundo o Servizo de Cambio Climático Copérnico da Axencia Espacial Europea. No caso de Europa, o mes pasado foi ao redor de 0,2 graos máis cálido que o anterior e 3,1 graos máis caloroso que a media entre o período 1981-2010. De seguir asi, segundo a devandita axencia, a finais de século o planeta podería aumentar a súa temperatura entre catro e cinco graos.

Noticias web

05/02/2020