Remata o Festival Mar de Mares, que deixou unha visión multidisciplinar sobre os océanos
Publicado o 22/09/2019 20:47
O festival Mar de Mares foi punto de encontro para artistas, científicos, activistas, educadores, cociñeiros e emprendedores que durante cinco días achegaron a súa particular visión sobre os océanos.
Nunha programación extensa e moi variada, o Mercado do Mar volveu ser un reclamo para o público, que puido achegarse a distintos proxectos inspirados no Atlántico e creados desde a premisa irrenunciable da sostibilidade.
Música e gastronomía completaron a oferta nesta última xornada do festival.