CRTVG

Buscar

Remata o cribado poboacional en Vilanova de Arousa

Publicado o 17/04/2021 16:40

Na contorna do pavillón multiusos de Vilanova habilitouse un espazo para a toma de mostras sen necesidade de baixar do vehículo. A ringleira dos que agardan para facer a PCR avanza sen moita demora.

"Nada, cinco minutos, merece a pena, para estar máis tranquilo e ben",
Recibiron unha mensaxe no móbil. Teñen entre 30 e 49 anos e acoden concienciados a facer o test.
 "A verdade non me gustaría volver á situación a que volvemos ata agora e deberamos vir todos".

"Cada un é libre de pensar e facer o que queira pero hai que mirar para o próximo non para un mesmo"
"Nunca está de máis, hoxe dás negativo e mañá podes dar positivo son mariscadora e ando no medio da xente

Dúas enfermeiras ocúpanse de extraer a mostra que o persoal axuliar vai etiquetar e rexistrar para enviar despois ao laboratorio.
 "Asegurámonos de identificar ben o paciente cun código que engadimos ao nome do paciente . Normalmente non hai posibilidade de erros porque dicimos o nome todo o tempo, ata que o atopamos o paciente"

Os participantes coñecerán os resultados entre 24 e 48 horas despois.

Noticias web

17/04/2021