CRTVG

Buscar

Remata o Carballo Interplay, contidos dixitais diversos nas formas

Publicado o 11/09/2021 21:22

Carballo Interplay acende a luz a historias como a de "Pringadas", a webserie na que mulleres de pouco máis de vinte contan os seus problemas desde a estética que as rodea.

Unha narración que Esnorquel amosou en Carballo acudindo ao seu código fonte, aquelas historias vistas en Internet que o levaron a comprender a súa identidade. Algo que reivindica no seu podcast "Puedo hablar!", un dos formatos que triunfan hoxe en Internet.

Forma e fondo avanzan para falar do real, como en "Riders", de Beatriz Abad, que amosa a influencia de Internet nas creadoras non só como contedor, senón como espello.

A creación en Internet ten o seu acubillo en Carballo.

Noticias web

11/09/2021