CRTVG

Buscar

Remata este venres a campaña de sardiña, tras esgotar a cota asignada

Publicado o 26/08/2021 21:42

Mañá ao mediodía remata a campaña da sardiña, e faino case catro meses despois de empezar.  Finaliza a campaña para os cerqueiros galegos, como o de Portosín, e para os do Cantábrico. E remata porque esgotaron a cota asignada: case 8.000 toneladas.

Por iso, o Ministerio de Pesca pecha a captura da sardiña a partir de mañá venres ao mediodía. A última sardiña que poden pescar os cerqueiros será a que capturen esta noite, pero non ten por que ser a derradeira da temporada, porque poden comprarlle a cota os barcos que pescan no golfo de Cádiz e que aínda non esgotaron os topes.

Aínda que non os cerqueiros de Galicia non merquen esas cotas, aquí poderemos seguir vendo sardiña, porque os barcos do xeito aínda poden seguir pescándoa porque eles non esgotaron a cota asignada.

Noticias web

26/08/2021