Remata en Burela a estadía da selección feminina de fútbol sala por Galicia
Publicado o 12/12/2019 19:00

Marín e Burela foron os bancos de probaturas. O rival, Xapón. Tras a goleada en Marín, onte triunfo máis curto. Catro-dous. E a selección feminina de fútbol sala volveu derrotar a Xapón, nesta ocasión por 4-2, no partido disputado onte en Burela. O 1-0 marcouno Ame Romero, asistida por Peque tras unha fermosa triangulación. O segundo marcouno a galega Jenny Lores, xogadora do Burela. España pechou a súa estadía en Galicia con dúas vitorias ante o combinado xaponés.