CRTVG

Buscar

Remata a rodaxe do novo filme galego de terror: 'Malencolía'

Publicado o 08/06/2021 21:20

O equipo e 'Malencolía', do director Alfonso Zarauza, rematou esta tarde a rodaxe na comarca do Carballiño. Prevé estrear para o Festival de Cine de Ourense.

Tarde axetreada no rexistro municipal do Carballiño, malia non ser horario de atención ao público.

Sira e Pepe, Melania Cruz e Xulio Abonjo, a parella protagonista do filme rodan canda outros actores unha das derradeiras escenas de Malencolía.

Melania Cruz, actriz: "Eles vivían en Berlín e, por un suceso que os entristece, deciden volver a Galicia, compran unha casa nunha aldea e, buscando tranquilidade, atopan outras cousas coas que non contaban".

A batuta lévaa Alfonso Zarauza, o multipremiado director de Ons, que con este filme se adentra no xénero do terror, pero adaptado á tradición galega e con espazo tamén para a comedia.

Alfonso Zarauza, director de 'Malencolía': "Desde 'A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos' fixéronse moi poucas cousas tratando o tema do terror, pero dunha maneira moi particular: ten algo de terror, ten algo de comedia, e para o público coido que vai ser algo moi atractivo".

O filme, no que participa a Televisión de Galicia, rodouse case integramente na provincia de Ourense, en distintas localizacións da comarca do Carballiño, e nesta provincia é onde está prevista tamén a súa estrea, no próximo festival de cine.

Noticias web

08/06/2021