CRTVG

Buscar

Remata a operación Balmis, o maior despregamento militar en España en tempos de paz

Publicado o 20/06/2020 16:42

Co remate do estado de alarma tamén finaliza este sábado a operación Balmis. Foi o maior despregamento militar en España en tempos de paz e atrás quedan case vinte mil intervencións.
Os datos son significativos: a operación mobilizou 187.000 militares no combate contra o coronavirus en 2.300 puntos da xeografía española. Os traballos foron moi diversos, desde a desinfección de 11.000 infraestruturas críticas, como centros sanitarios e residencias de maiores, ata a montaxe de 20 hospitais de campaña. Ademais, o Exército do Aire realizou 70 voos para o transporte de material sanitario.

Xa se planifica unha operación Balmis dúas por se houbera un rebrote importante do coronavirus.

Noticias web

20/06/2020