CRTVG

Buscar

Relevo xenercional nas explotacións do rural

Publicado o 20/07/2021 16:35

María érguese ás 6 da mañá e acaba a xornada contra as 9 e media da noite. O horario asustaría a calquera, pero ela prefire ver a parte boa, que é, di, que pode organizalo traballo como lle pete. Ten 21 anos e xa é a primeira muller directiva nunha asociación provincial de gandeiros, en concreto na Africor de Lugo. Está claro que isto é o seu.

María relevou a seus pais nunha explotación de máis de 200 vacas frisoas na que está a introducir moitos cambios. En marzo introduciu o muxido automático que lle permite ás vacas entrar nel cando queren e durante todo o día. Tamén hai unha amamantadora mecánica e sobre a nave das vacas hai unha oficina informatizada desde a que controla o gando. As cousas mudaron tanto que a granxa ata ten un Facebook que abriu Isabel, a irmá de María, licenciada en Dereito, para dar conta do día a día na explotación.

Noticias web

20/07/2021