CRTVG

Buscar

Reino Unido inclúe as illas Baleares na lista de destinos seguros de viaxe

Publicado o 25/06/2021 08:15
Reino Unido inclúe as illas Baleares na lista de destinos seguros de viaxe

O Reino Unido sitúa as Baleares entre os destinos seguros para viaxar. A partir do mércores, os viaxeiros procedentes das Baleares non terán que cumprir a corentena de dez días. Esa medida e a obriga de pasar tres tests de coronavirus seguirán vixentes para os que volvan de calquera outra zona de España, que seguen en ámbar. Con esta medida, celebrada polo sector turístico, as Illas Baleares entrarán na lista verde dentro de cinco días, canda Malta, Barbados e outros territorios.

Pola contra, meteron na vermella a República Dominicana, Haití e outros países. O Goberno do Reino Unido revisa cada tres semanas a clasificación de destinos segundo o risco de contaxio de COVID−19; a próxima toca para mediados de xullo.

Noticias web

25/06/2021