Reina D'Hoore: "En 'Matria' quixen pór en valor a nosa parte animal, as emocións, que moitas veces descoidamos"
Publicado o 27/01/2021 17:56
Matria é o resultado dun longo proceso de investigación da artista Reina D'Hoore, que sae do seu traballo Et in Arcadia Ego. Partindo da polaridade entre vida e morte, investiga o seu propio paraíso, as súas raíces maternas galegas e o seu patrimonio. A artista recolle os refugallos da natureza e engádelles valor, como se facía antano nos enxovais funerarios.