CRTVG

Buscar

Rehabilitados os Baños do San Xusto, primeiro proxecto do pacto pola paisaxe

Publicado o 21/04/2021 16:35

O concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade foi o primeiro de Galicia que asinou o pacto pola paisaxe para a recuperación dos Baños do San Xusto, á beira do río Lérez.

Investíronse 685.000 euros para restaurar as bañeiras externas de pedra, o novo balneario na antiga central hidroeléctrica de 1915, os muíños e a casa do muiñeiro.

Na inauguración, xunto ás autoridades, participou unha testemuña de excepción: Marina Enríquez Fiúza, que naceu na fábrica da luz hai 84 anos. Segundo lembra, este lugar era "coma unha festa, onde se facían xuntanzas, con xente doutros sitios".

O presidente da Xunta gabou a audacia do concello de Cerdedo-Cotobade pola súa fusión e por ser o primeiro en asinar o pacto pola paisaxe, para Alberto Núñez Feijóo, un "obxectivo político irrenunciable". 

A rehabilitación dos baños do San Xusto é o primeiro proxecto levado a cabo no marco do pacto galego pola paisaxe.

Noticias web

21/04/2021