Regreso do Marisquiño con restricións de acceso e deportistas olímpicos
Publicado o 06/08/2021 19:44
A xornada inaugural do Marisquiño estivo reservada para adestramentos e para as categorías infantís. Tamén para o reencontros.
Logo da cancelación do ano pasado, o festival regresa cos límites que impón a pandemia pero co obxectivo de seguir sendo referente en deportes urbanos sobre táboas e dúas rodas e tamén un atractivo turístico.
O acceso ás zonas de competición está limitado ao público con entrada. Como os 6.000 pases gratuítos xa están esgotados para os tres días, o evento poderá seguirse na rede e na Televisión de Galicia.
As finais do domingo serán retransmitidas pola G2.