CRTVG

Buscar

Regreso ás aulas en secundaria, bacharelato e FP coa maioría do alumnado vacinado

Publicado o 11/09/2021 14:28

Últimos preparativos por fóra e por dentro deste instituto de educación Campo de San Alberto en Noia. Alí cursan 600 alumnos dos 200 mil galegos pertencentes á secundaria, bacharelato e formación profesional que están a piques de volver ás aulas. Un regreso coa novidade da vacina con respecto ao curso pasado.

Haberá que levar a máscara e terán que manter a distancia de seguridade entre as mesas, agora reducida a 1,2 con respecto aos 1,5 do curso anterior. Ante a evolución das ratios, as ANPA e os sindicatos de profesorado levan tempo solicitando o mantemento das contratacións no persoal de reforzo. A cifra final darase a coñecer o vindeiro martes no parlamento.

Os preparativos en canto a infraestruturas nos propios centros para este curso 2021-2022 evolucionan tamén pensando no día 15.

O mércores as aulas volverán estar cheas.

Noticias web

11/09/2021