CRTVG

Buscar

Regresan os Días Azuis ao comercio galego, con 16.000 euros en premios

Publicado o 30/09/2019 20:28

Os pequenos comercios de barrio aspiran a resistir fronte ás grandes áreas comerciais e o comercio en liña, facendo valer o seu plus de proximidade e empregando as mesmas armas da competencia: a venda por Internet e as campañas de recompensa para os seus clientes. Neste sentido, os Días Azuis da Federación de Comercio de Galicia, xa empezan a ser un clásico.

Esta será xa cuarta edición, e a primeira en época de outono, desta iniciativa comercial, que pretende visibilizar o comercio de proximidade.

Co patrocinio de Abanca, repartirán 16.200 euros en premios. Para participar só hai que enviar o tícket das compras realizadas entre o 1 e o 20 de outubro á web da campaña. Pódeos enviar o cliente e tamén o comerciante.

Noticias web

30/09/2019