CRTVG

Buscar

Regresan os concursos de vacas leiteiras despois de dous anos

Publicado o 11/09/2021 20:56

Dende setembro de 2019 non se celebraba en Galicia ningún concurso de vacas leiteiras. Con case medio millón de animais nas explotacións galegas, xa había gañas de que a pandemia permitira organizalos. 175 vacas e arredor de duascentas persoas entre gandeiros, manexadores, expositores ou preparadores de vacas participan no concurso e a poxa nacional galega que se celebra en Lalín organizado polo concello e a Federación Frisona. Hai participantes mesmo de Portugal.

En Portugal aínda vai tardar en haber concursos e serán nas Azores. Por eso vimos aquí moi contentos."

"A xente ve que temos un gando de altísima calidade e eso tamén supón un éxito para o sector."

As mulleres cobran especial importancia neste certame tanto na organización como na participación. De feito, e por vez primeira, a máxima responsabilidade de calificar as vacas e os manexadores recae sobre unha xuiza. Esta gandeira belga anima outras mulleres a seguir os seus pasos.

"Ser xuiza é un traballo que require moita preparación e non sempre é fácil sendo muller. Pero animo as mozas a coller este camiño."

"Está indo todo moi ben e con moita participación. que era que se desexaba."

Os máis cativos tamén tiveron ocasión de amosar as súas habilidades á hora de facer desfilar as vacas sobre a pista do concurso, o que indica que o sector ten futuro. Un sector que xa prepara as vindeiras poxas e concursos.

Noticias web

11/09/2021