CRTVG

Buscar

Regresan á Terra os catro tripulantes da cápsula espacial privada SpaceX

Publicado o 19/09/2021 02:31
Regresan á Terra os catro tripulantes da cápsula espacial privada SpaceX

A cápsula espacial Dragon regresou con éxito cos catro membros da súa tripulación, a primeira completamente civil que chega ata o espazo orbital. A cápsula, da firma privada SpaceX, amerizou no Océano Atlántico fronte á costa da Florida.

A misión pasou tres días no espazo desprazándose a unha velocidade de 28.160 quilómetros por hora, o que lle permitiu circundar o planeta cada 90 minutos a unha altura de 575 quilómetros da Terra, maior ca a da Estación Espacial Internacional.