Regresan á Ribeira Sacra as viaxes en globo
Publicado o 26/03/2021 12:42

Dende esta fin de semana xa se pode volver viaxar en globo pola Ribeira Sacra. A empresa que oferta os voos turísticos retoma a actividade e espera poder mantela ata que remate o verán. Os globos cumpren as medidas sanitarias establecidas pola Axencia Europea de Seguridade Aérea e teñen especial coidado en manter a distancia entre os viaxeiros, a pesar do reducido do espazo a bordo.
Os concellos de Taboada e Chantada volverán ser os puntos de partida e chegada dunhas viaxes que custan de media uns 170 euros por persoa. Despois de cinco anos dende os primeiros voos, os globos xa se converteron nun reclamo turístico máis da Ribeira Sacra.