CRTVG

Buscar

Regresa o marisqueo no fondo da ría de Pontevedra

Publicado o 11/06/2021 15:06

Regresa o marisqueo ao fondo da ría de Pontevedra despois do cuarto peche por toxinas no que vai de ano. A volta vén acompañada por un alto prezo na cotización da ameixa.

Bo tempo e bos prezos no regreso das mariscadoras de Lourizán, Raxó e San Telmo ao fondo da ría de Pontevedra. Din que, polo momento, os prezos foron bos, entre 13 e 20 euros quilo a ameixa xapónica e entre 30 e 59 a fina.

Unha toxina pouco habitual, a amnésica, fíxolles parar doce días. Regresaron o mércores e agardan que este sexa o último peche en moito tempo.

Agardan que se manteñan as cotizacións e que hostaleiros e consumidores aposten pola calidade e o control que ofrecen os produtos das nosas rías.

Noticias web

11/06/2021