Regresa o Festival da Luz en Boimorto con recadación solidaria
Publicado o 11/09/2021 21:38
E tamén regresa este ano o Festival da Luz a Boimorto que chega á novena edición. O ano pasado non se puido celebrar por mor da pademia. Este ano, aplicando todas as medidas sanitarias, a música volve soar en Boimorto. Mesmo hai zona de acampada dispoñible.
Neste segundo día de concertos soben ó escenario Alice Wonder, Soleá Morente ou Obús.
A recadación destinarase nesta edición á Cruz Vermella e á Fundación Andrea.