CRTVG

Buscar

Refórzase a tramitación telefónica para declaración da renda

Publicado o 29/05/2020 16:26

As oficinas da Axencia Tributaria reabriron en fase dúas este luns, pero non para tramitar declaracións da renda. Os que queiran este servizo primeiro terán que pedir cita previa por teléfono ou Internet no programa Chamámolo. O día sinalado recibirán a chamada dun dos traballadores da oficina que lles axudará a facer a declaración igual que faría presencialmente, o cidadán só ten que ter a documentación preparada na casa. Despois recibirá un código de verificación no seu teléfono para que poida acceder á súa declaración con todas as garantías.
 

Noticias web

29/05/2020