CRTVG

Buscar

Reforzan os controis nas áreas comerciais para que non se salten os perímetros

Publicado o 04/01/2021 16:51

Os corpos de seguridade advirten: ir de compras non é unha actividade esencial que permita saltar os peches perimetrais vixentes. Dispositivos coma este, no acceso dunha área comercial de Santiago, controlan que non haxa infractores nestes días de Nadal nos que a tentacion é maior.

A multa por saltar as limitacións de mobilidade pode chegar aos 600 euros, así que son poucos os que arriscan mesmo nunha xornada coma a de hoxe na que se xuntan as encargas de Reis cos primeiros descontos do ano.

Os controis non só se fan aos condutores. Tamén hai unha maior presenza de axentes a pé nas rúas comerciais, uniformados e de paisano, controlando que se cumpran as limitacións establecidas en cada concello.


 

Noticias web

04/01/2021