Reforzan a busca da moza desaparecida en Ourense
Publicado o 18/02/2020 11:10
En Ourense continúa a busca da moza de 26 anos, Nerea Añel Vázquez, da que non se sabe nada dende hai máis dun mes. A Unidade de Delicuencia Especializada e Violenta da Policía Nacional centra a investigación no barrio de Covandonga, onde foi vista por última vez.
A eles sumouse un equipo de elíte desprazado dende Madrid. Consideran a desaparición de Nerea Añel como un caso prioritario. Polo momento manteñen todas as hipóteses abertas. Investigan o entorno da moza, as persoas coas que adoitaba andar últimamente porque consideran que aí pode estar a chave para dar co seu paradoiro.
A súa familia denunciou a súa desapareción o pasado 5 de febreiro.