Igualdade de xénero, transición ecolóxica e memoria histórica: entre as propostas de Sánchez
Pedro Sánchez presentou o seu programa de goberno en coalición con Unidas Podemos. Sánchez anuncia a derrogación da reforma laboral, a suba do IRPF aos que gañen máis de 130 mil euros e a taxa Tobin para a banca.
O candidato socialista apostou polo incremento do gasto en sanidade ata o 7% do PIB e do 5% en educación, así como a derrogación da LOMCE. Falou dun novo pacto de Toledo e da reforma da Seguridade Social para facela sostible.
Propuxo así mesmo a derrogación da lei de seguridade cidadá e a supresión de amnistías fiscais. Outros puntos destacados: a reforma do mercado eléctrico, o freo á suba abusiva de alugueiros, medidas contra as "fake news".
En materia social anunciou medidas para a loita contra a violencia machista, as desigualdades de xénero e a xenofobia. Tamén se compromete a regular a eutanasia, a elaborar a primeira lei de transexualidade, á revitalización da memoria histórica e a recuperar bens matriculados pola Igrexa.