CRTVG

Buscar

Reencontros co Xacobeo, galegos na emigración volven para encontrarse co Camiño

Publicado o 14/10/2021 16:21

Un quilómetro de Camiño é o que percorreron nesta xornada os participantes dos Reencontros co Xacobeo. Unha distancia insignificante, comparada coa que os separa da súa Galicia do corazón.

"Eu levo en Asturias desde os 5 anos". "40 anos, e sigo pensando desde Galicia ao ceo e no ceo unha ventá para mirar a Galicia". "Marchamos con 24, somos un pouco máis de alá que de aquí, pero isto nunca o esquecemos".

Veñen de toda a Península, das illas e do resto de Europa, Suíza, Alemaña... os destinos habituais da emigración, onde erixiron os centros galegos para combater a morriña. 

"Eu levo 47 anos en Vitoria e estamos sempre metidos no Centro Galego. A morriña sempre tira para iso".

O programa vai dirixido a maiores de 65 anos, con etapas reducidas do Camiño para que todos poidan participar. 

"Eles despois van ser promotores do Camiño nos seus lugares de residencia, e que mellor que coñecelo, que vivilo", di Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración.

O sábado chegan a Compostela, previsiblemente acompañados por este bo tempo que potencia as cores do outono en Galicia.

Noticias web

14/10/2021