Reencontro de galegos e asturianos en Ribadeo tras a fin do estado de alarma
Publicado o 10/05/2021 14:50
A ponte dos Santos xa non separa nin supón un límite, senón que une de novo Galicia e Asturias tras o levantamento do estado de alarma e a fin dos peches perimetrais.
O intercambio de veciños notárono especialmente en Ribadeo onde o comercio abre os domingo e a vila converteuse nun punto de encontro.
A chegada dos veciños asturianos tamén foi moi ben acollida polos hostaleiros.
O impacto do occidente asturiano en Ribadeo é moi alto. Supoñen máis da metade dos seus clientes.
Uns e outros estaban desexando cruzar dun lado a outro da ría. Era importante a nivel económico pero tamén sentimental e familiar.
Agora agardan que os reencontros sexan para quedar e que a súa emblemática ponte non os volva separar.