CRTVG

Buscar

Reembolso do diñeiro dos voos cancelados: principal reclamación dos consumidores

Publicado o 26/06/2020 15:50

Durante o estado de alarma medraron o número de reclamacións realizadas polos consumidores. A maior parte delas, máis do 30 por cento, foron contra as compañías aéreas por non devolver o diñeiro dos voos cancelados. 

O teléfono non deixa de soar nas axencias de viaxes, pero a resposta é sempre a mesma.

Foi a principal reclamación dos consumidores durante estes últimos meses, seguida das denuncias contra axencias de viaxes, hoteis ou empresas organizadoras de espectáculos. O cliente ten dereito a que lle devolvan o diñeiro.

Durante o estado de alarma, só Facua tramitou preto de 3.700 reclamacións, o 30 por cento delas contra as liñas aéreas.

 

Noticias web

26/06/2020