CRTVG

Buscar

Redúcese drasticamente a contaminación das grandes cidades

Publicado o 31/03/2020 10:00

Imaxes tiradas desde o espazo confirman unha redución dos niveis dióxido de nitróxeno na atmosfera como consecuencia das medidas de confinamento.

Xosé Antón Rodríguez Añón, profesor da facultade de Físicas: "Os informes que estamos a recibir desde o satélite confirman que se está producindo unha redución importante dos niveis de dióxido de nitróxeno. Isto prodúcese, en gran medida, pola gran redución do uso de automóbiles".

"Estes datos poden ser gratificantes, pero tamén algo enganosos. No momento que volvamos á nosa vida normal, os niveis de contaminación van incrementar como se nada pasase".

"Isto non debe levarnos a erro. Os niveis de CO2 seguen aumentando como parte do fenómeno do cambio climático, pero si é certo que está redución drástica da contaminación nas cidades provoca que un efecto beneficioso sobre a nosa saúde".

Noticias web

31/03/2020