CRTVG

Buscar

Redúcese a presión hospitalaria pero soben os casos activos e os positivos

Publicado o 28/04/2021 10:08

• Baixan os casos nas áreas de Ferrol e Ourense

• A taxa de positividade aumenta ata o 2,59 %

Redúcese a presión hospitalaria pero soben os casos activos e os positivos

A tendencia á alza mantense, aínda que a un ritmo moito menor ás repuntas sufridas nas vagas anteriores. Hoxe o Sergas informa de que hai no país 3.048 persoas diagnosticadas de covid−19, 26 máis ca onte, logo de 196 novos positivos, 174 a través de PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 750 (+9)

Vigo: 906 (+12)

Ourense: 254 (-10)

Santiago: 347 (=)

Lugo: 215 (+11)

Pontevedra: 478 (+20)

Ferrol: 98 (-16)

Menos persoas ingresadas

Aínda que a tendencia nos hospitais nas últimas semanas é á alza, hoxe preséntase un lixeiro alivio na presión asistencial. Hai 207 persoas ngresadas: 163 en planta (-11) e 44 nas UCI (-2).

As vítimas da pandemia chegan ás 2.385, logo do pasamento dunha muller de 97 anos no CHUVI.

Sobe a positividade

Baixa o númro de probas PCR realizadas ata 6.727 (-751), das cales 174 deron positivo (son 73 máis ca onte), e iso revela unha taxa de positividade do 2,59 %, algo superior á rexistrada onte.

Mapas de incidencia por concellos