CRTVG

Buscar

Terceiro día consecutivo sen falecementos pola covid en Galicia

Publicado o 23/06/2021 19:58

• Os casos baixan nas áreas de Ourense (-2), Pontevedra (-7) e Ferrol (-7)

• Nas UCI hai 13 persoas, dúas menos ca onte. En planta, 36.

Terceiro día consecutivo sen falecementos pola covid en Galicia

A situación en Galicia mellora, aínda que pouco respecto a onte. Hai 1.269 persoas con covid-19 en Galicia, cinco menos ca onte, tras 83 positivos novos.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

A Coruña: 464 (+6)

Ferrol: 90 (-7)

Lugo: 164 (+3)

Ourense: 139 (-2)

Pontevedra: 116 (-7)

Santiago: 105 (+2)

Vigo: 191 (=)

Mellora a ocupación nas UCI

No tocante á presión hospitalaria, permanecen ingresadas 49 persoas, segundo os últimos datos: 36 en planta (+1) e 13 nas UCI (-2). Así, baixamos por primeira vez dos 50 hospitalizados dende o 15 de agosto.

O Sergas non notifica falecementos por covid-19 dende o domingo, o que mantén a cifra de vítimas no que vai de pandemia en 2.434.

A positividade

Das 3.347 probas PCR realizadas (+312), deron positivo 83, o que revela unha taxa de positividade do 2,48 %, por debaixo do limiar máximo recomendado pola OMS do 5 %.

Mapas de incidencia por concellos