Redúcense a cinco as persoas que acceden aos tanatorios para os velorios
Publicado o 27/01/2021 16:48
As novas medidas tamén afectan os velorios e enterros. O principal cambio é a ocupación para estas celebracións. Só se permiten cinco persoas no interior dos tanatorios durante o velorio e 15 durante o oficio funerario no exterior.
Dentro das instalación non se permite o uso das zonas comúns, só como zonas de paso, e débese garantir a distancia interpersoal e o uso da máscara será obrigatorio.
As mesmas obrigacións e recomendación de seguridade e hixiene nos lugares de culto, que só poderán ocupar un terzo da súa capacidade.