CRTVG

Buscar

Redondela celebra o Corpus con alfombras, pero sen penlas nin danza de espadas

Publicado o 03/06/2021 13:43

A Coca é o dragón mítico que segundo a lenda levaba as mozas de Redondela. No seu paseo polas rúas de Redondela, hoxe estivo acompañado polos xigantes e os cabezudos. Non houbo procesión, nin tampouco o baile das penlas e das espadas. O que máis botaron de menos os asistentes.

Seis alfombras adornaron as rúas e prazas máis importantes da vila. A da praza do Concello fixérona as alfombristas de Cesantes e ten unha lembranza ás vítimas da covid. A festa experimentou unha gran melloría con respecto ao ano anterior, que foi anecdótica. Todos agardan que o ano vindeiro volva con todo o seu esplendor dun dos Corpus ancentrais con máis de tres séculos de historia ás súas costas.

Noticias web

03/06/2021