CRTVG

Buscar

Redada policial contra a prostitución de menores en Mallorca

Publicado o 17/09/2021 08:08
Redada policial contra a prostitución de menores en Mallorca

Redada policial contra a prostitución de menores en Mallorca, con 14 detidos e seis investigados. Os arrestados, homes e mulleres, están acusados de captar menores a través de páxinas web de contactos para adultos, onde lles propoñían manter relacións sexuais a cambio de cartos. Entre os detidos hai tres mozas menores, tuteladas en centros de acollida, que captaban a outras nenas para exerceren a prostitución. Na operación localizaron 13 vítimas.

Noticias web

17/09/2021