CRTVG

Buscar

Investigan cinco persoas pola presunta relación cos dez quilos de cocaína comisados en Carballo

Publicado o 30/01/2020 22:51
Investigan cinco persoas pola presunta relación cos dez quilos de cocaína comisados en Carballo

Permanece aberta a operación policial contra o narcotráfico realizada en Carballo. De momento, non hai investigados pola presunta relación cos dez quilos de cocaína incautados onte en Carballo.

Unha investigación que se iniciaba hai máis de seis meses. Nela interviñeron membros da Policia Xudicial da Coruña, axentes do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA), Unidade de Drogas e Crimen Organizado (UDYCO), desprazados desde Madrid.

Incautáronse, polo menos, de dez quilos de cocaína, que estaban agochados nunha vivenda situada nun lugar de Goián, moi próximo ao centro de Carballo.

Non se descarta que haxa novos rexistros ao longo desta xornada e que se produzan detencións.

RECTIFICACIÓN | Debido a un erro, a versión anterior desta noticia estaba ilustrada cunha imaxe en que aparece unha vivenda completamente allea aos feitos denunciados. Pedimos desculpas a quen puidese sentirse prexudicado.

 

Noticias web

30/01/2020