CRTVG

Buscar

Recuperan un corpo que apareceu aboiando na enseada do Orzán

Publicado o 31/05/2019 21:10

Unha embarcación da Garda Civil recuperou o cadáver dun home que apareceu flotando na tarde deste venres cerca da praia de Riazor, na Coruña. Segundo informou o 112 sucedeu sobre as 19:00 horas cando o centro de emerxencias recibiu varias chamadas de particulares que alertaban sobre un corpo sen vida que aboiaba no medio do mar. Seguidamente, o 112 informou os equipos de Salvamento Marítimo e de Gardacostas para recuperar o cadáver, que foi levado ata o peirao de Oza.

Fontes do servizo de emerxencias indican que Salvamento baralla a posibilidade de que o home se atopase pescando cando caeu á auga. Ademais, o 112 avisou a Policía Local e Nacional, así como os bombeiros da cidade por se fose necesaria a súa intervención.

Noticias web

31/05/2019