CRTVG

Buscar

Recuperan o cadáver dun mergullador de 34 anos preto do faro de Estaca de Bares

Publicado o 30/06/2019 13:31

A autopsia determinará a causa da morte dun mergullador de 34 anos que rescatou Salvamento Marítimo preto do faro de Estaca de Bares, no municipio de Mañón. O falecido era afeccionado á pesca submarina e frecuentaba a zona de costa na que perdeu a vida. Foi un compañeiro seu quen alertou a Emerxencias despois de varias horas sen localizalo. A Salvamar Shaula trasladou o corpo ao porto de Cariño. Ata alí desprazouse o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias para atender os familiares do falecido.

Noticias web

30/06/2019