Os hostaleiros de Pontevedra recorren ante a xustiza o peche do sector
Publicado o 15/02/2021 17:09
Esta semana publícase no DOG o segundo plan de rescate para axudar aos sectores máis afectados por estas limitacións. Precisamente contra estas limitacións loitan os hostaleiros nos xulgados.
Os da provincia de Pontevedra seguen os pasos do sector da Coruña. Hoxe presentaron unha demanda ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para paralizar o peche decretado pola Xunta. Os hostaleiros buscan replicar a sentenza do País Vasco, que abriu os bares, e piden compensacións.