CRTVG

Buscar

Recoñecementos que animan a seguir loitando a restauración especialmente castigada pola pandemia

Publicado o 21/04/2021 21:04

Nun ano especialmente duro para o sector da hostalería acadar un recoñecemento polo traballo ben feito provoca, se cabe, unha maior satisfación. No Pereiro de Aguiar, o cociñeiro Miguel González logrou unha Estrela Michelín o pasado mes de decembro e agora acaba de recibir un Sol Repsol.  Afirma que isto lle dá forza para seguir traballando a pesar das dificultades. 

Coa mesma ilusión recibiron os cociñeiros do restaurante Ceibe, en Ourense, a recomendación que incluiron deles na Guía Repsol. Abriron o establecemento hai tan só 8 meses. A metade do tempo tiveron que estar pechados por iso non contaban con este recoñecemento. 

Premios que animan a seguir para diante a un sector especialmente castigado pola pandemia. 

Noticias web

21/04/2021