CRTVG

Buscar

Recoñecemento internacional dunha revista especializada a unha crema de licor galega

Publicado o 10/12/2020 21:09

A revista Wine Enthusiast acaba de publicar as súas listaxes coas que consideran as mellores bebidas. Entre os cen mellores licores do mundo hai presenza Galega e con podio. No posto numéro tres figura unha crema elaborada na Ribeira Sacra e con longa tradición.

"Levamos máis de vinte anos facéndo cremas. Fomos dos primeiros en Galicia en elaborar este tipo de bebidas e estamos contentos e moito máis agora", sinala Evaristo Rodríguez, xerente da adega.

Este produto, que parte dunha base láctea, elabórase nesta destilería do concello lugués do Saviñao.

"Nos esforzámonos moito en que o contido en alcol que é o que no elaboramos aquí na destilería sexa unha boa selección dun bo oruxo e eso rematámolo cun caramelo especial que a fai distinta as outras", sinala Evaristo Rodríguez, xerente da adega.

Agora agardan que este recoñecento internacional por parte dunha publicación con gran difusión axude a acadar novos mercados.

"O noso mercado principal e Galicia e despois o resto de España pero tamén estamos exportando a Estados Unidos, que estabamos empezando e isto é un recoñecemento e un aval importante, pero tamén exportamos a Suíza e estamos intentando exportar a Rusia", sinala Evaristo Rodríguez, xerente da adega.

Un empurrón internacional a un sector que se veu moi afectado polos peches na restauración derivados da pandemia.

Noticias web

10/12/2020