CRTVG

Buscar

Recompensa de 1.500 euros a quen informe sobre a última matanza de poldros en Oia

Publicado o 07/06/2019 15:31

Ofrecen unha recompensa de 1.500 euros a quen informe sobre a última matanza de poldros en Oia.

Non é a primeira vez que se localizan na zona equinos mortos. Nesta última ocasión apareceron restos de ata sete animais de pouca idade. Isto acendeu as alarmas de colectivos como Libera e a Fundación Franz Weber.

Precisamente, estas asociacións decidiron ofrecer unha recompensa por calquera dato que poida conducir aos autores desta matanza, que segundo todo apunta estivo motivada polo roubo de carne destes animais e a súa posterior venda. A Garda Civil investiga o suceso.

Noticias web

07/06/2019