CRTVG

Buscar

Recomendan acelerar as vacinacións para frear as novas cepas do virus

Publicado o 12/01/2021 14:49

A luz ao final do túnel aínda está moi lonxe. Dino os epidemiólogos, que ven con preocupación a proliferación de casos que se produciu tras o Nadal.

Quique Bassat, epidemiólogo do Instituto de Saúde Global de Barcelona, asegura que estamos ás portas dun novo colapso sanitario e que debemos seguir escrupulosamente as medidas preventivas para que isto non aconteza.

Marcan prazos concretos para que as medidas actuais funcionen. Din que se en tres ou catro días non conseguimos frear os contaxios, debemos cambiar de estratexia.

Quique Bassat di que se en 72 ou 96 horas non observamos unha melloría no que a contaxios se refire debemos aplicar medidas máis estrictas.

Os epidemiólogos tamén advirten da perigosidade das novas cepas que apareceron no Reino Unido e en Sudáfrica, moito máis contaxiosas que a orixinal.

Quique Bassat asegura que a mellor forma de frealas é vacinando e advirte de que unha vacinación parcial o único que faría é axudar a que proliferasen novas mutacións do virus.

Os expertos aseguran que as vacinas dispoñibles deberían funcionar fronte estas novas cepas, pero é algo que a día de hoxe aínda non poden afirmar con rotundidade.

Noticias web

12/01/2021