CRTVG

Buscar

Recollen sinaturas a través das redes para salvar o inmoble Casa Carnicero de Oleiros

Publicado o 30/07/2020 15:32

Na Coruña acaba de poñerse en marcha unha campaña a través das redes sociais para conservar un inmoble centenario. É a coñecida como casa Carnicero, unha xoia arquitectónica modernista, de comezos do século pasado, que está preto da Ponte da Pasaxe e que hai unhas semanas foi devorada polas lapas.

Segundo un informe que fixo o arquitecto municipal de Oleiros, que é o concello ao que pertence, quedou en tal mal estado que fai que sexa irrecuperable, polo que dende o Concello se tomou a decisión de reducila a cascallos.

Algúns veciños de Oleiros e tamén da Coruña comezaron a mobilizarse xa para evitar a súa derruba. Cren que destruíla sería un dano irreparable para o noso patrimonio.

Noticias web

30/07/2020